Medio Rural enxalza a calidade da produción agroalimentaria galega na XXXVI Edición dos Premios Alimentos de España, que distingue dúas empresas de Galicia
Madrid, 14 de outubro de 2024
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu esta tarde á XXXVI Edición dos Premios Alimentos de España, onde dous produtos galegos recibiron os galardóns a Mellor Viño Branco e a Mellor Bebida Espirituosa con Indicación Xeográfica.
No evento, organizado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, José Balseiros felicitou a Bodegas La Tapada SAT Xuga, polo seu Guitián Fermentado en Barrica 2022 da Denominación de Orixe Valdeorras; e a Augardiente Vedra do Ulla, de Augardentes de Galicia, amparado baixo a Indicación Xeográfica Orujo de Galicia. Neste sentido, puxo en valor a “excelente calidade” da produción agroalimentaria galega o bo facer dos seus produtores, que fan que Galicia sexa recoñecida e galardoada fóra das súas fronteiras.