A Xunta pon en valor o papel do tecido emprendedor emerxente na xeración de novas oportunidades ligadas ao territorio

Oleiros (A Coruña), 21 de novembro de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou na entrega dos Premios Polos de Emprendemento, outorgados a empresas emerxentes no marco da I Gala Fundación Venancio Salcines. 

Durante o acto, foron galardoadas as empresas Martietas de Fío, especializada en galletas artesás, e Precise Future, proxecto orientado á transformación dixital dos negocios. Na súa intervención, o secretario xeral felicitou aos premiados, destacando o papel fundamental do tecido emprendendor na xeración de novas oportunidades ligadas ao territorio, impulsando emprego e riqueza en Galicia. Ademais, puxo en valor a Rede de polos de emprendemento promovida pola Xunta, que conta xa con 15 oficinas activas espalladas por todo o territorio —tras a recente apertura dun novo centro en Vilanova de Arousa— e cuxo obxectivo é asesorar e acompañar a todas as persoas que desexen poñer en marcha un proxecto na nosa Comunidade.

Data de actualización: 21/11/2024