O conselleiro de Ciencia coñece o traballo investigador da Fundación de Medicina Xenómica

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou hoxe a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, liderada polo catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago, Ángel Carracedo, e adscrita á Consellería de Sanidade. Alí puido coñecer o traballo que realizan a prol da mellora da saúde das persoas a través da investigación, diagnóstico e aplicación de tecnoloxías xenómicas.

Na visita estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, departamento que apoia o labor desta fundación, á que leva destinado máis de 800.000 euros en accións como contratos-programa, convenios de talento sénior e axudas ao desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitarios. Actualmente está vixente unha colaboración a través dun contrato-programa co obxectivo de potenciar as liñas estratéxicas de investigación para promover a excelencia científico técnica, o que supón un estudo do papel de factores xenéticos e non xenéticos no risco de cancro de mama para contribuír, así, ao desenvolvemento dunha ferramenta de predición de risco.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/12/2024