A Xunta recoñece o compromiso de oito centros co novo premio ‘Tolerancia cero fronte ao acoso escolar’
Na categoría de Primaria son galardoados os colexios CEIP Mestre Martínez-Alonso (Mos), CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Rianxo), CEIP Cardeal Quiroga Palacios (Santiago) e CEIP de Teixeiro (Curtis)
Na categoría de Secundaria, os premios recaen no instituto IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago), IES Xesús Taboada Chivite (Verín), IES Armando Cotarelo Valedor (Vilagarcía de Arousa) e IES de Cacheiras (Teo)
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2025
A Xunta de Galicia anunciou os premiados na primeira edición dos premios Tolerancia cero fronte ao acoso escolar, que distinguen o compromiso de oito centros educativos na loita contra este programa e coa mellora continua do clima de convivencia nos centros educativos. Estes recoñecementos valoran as iniciativas específicas que promoven a convivencia, servindo como exemplo de boas prácticas para o conxunto da comunidade educativa. O obxectivo do programa é fomentar a participación do alumnado en actividades que promovan o respecto polos dereitos humanos e contribúan a combater o acoso e o ciberacoso, ademais de prestar apoio ás vítimas.
Na categoría de Primaria, o primeiro premio, dotado con 8.000€, é para o Colexio CEIP Mestre Martínez-Alonso (Mos). O segundo galardón, de 4.000€, recae no Colexio CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Rianxo). O terceiro premio, cunha dotación de 2.000€, é para o Colexio CEIP Cardeal Quiroga Palacios (Santiago). O Colexio CEIP de Teixeiro (Curtis) recibe unha mención de honra, coa correspondente asignación de 1.000€.
En Secundaria, o Instituto IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago) obtén o primeiro premio, con 8.000€. O Instituto IES Xesús Taboada Chivite (Verín) acada o segundo posto, con 4.000€, mentres que o terceiro é para o Instituto IES Armando Cotarelo Valedor (Vilagarcía de Arousa), con 2.000€. A mención de honra recae no Instituto IES de Cacheiras (Teo), dotada con 1.000€.
Para asignar estes galardóns, un comité avaliador analizou as propostas presentadas atendendo a criterios como a calidade das accións realizadas, a coordinación docente, a implicación de toda a comunidade educativa, o impacto no proceso de aprendizaxe e a repercusión global no centro.
Plan integral contra o acoso escolar
A Consellería de Educación asignou un total de 30.000€ para estes premios. Con esta convocatoria, o departamento educativo do Goberno galego dá cumprimento a unha das accións recollidas no Plan integral contra o acoso e o ciberacoso que, á súa vez, está inxerido na Estratexia Galega de Convivencia Escolar.
|
Categoría A |
|||
|
Premio |
Provincia |
Concello |
Centro |
|
1º |
Pontevedra |
Mos |
CEIP Mestre Martínez-Alonso |
|
2º |
A Coruña |
Rianxo |
CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao |
|
3º |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
CEIP Cardeal Quiroga Palacios |
|
Mención de honra |
A Coruña |
Curtis |
CEIP de Teixeiro |
|
Categoría B |
|||
|
1º |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
IES Arcebispo Xelmírez I |
|
2º |
Ourense |
Verín |
IES Xesús Taboada Chivite |
|
3º |
Pontevedra |
Vilagarcía de Arousa |
IES Armando Cotarelo Valedor |
|
Mención de honra |
A Coruña |
Teo |
IES de Cacheiras |