A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde do Vicedo
2025-02-06
/documents/35297/1607990/20250206124332__E2A3514_resized.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 6 de febreiro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde do Vicedo, Jesús Novo.
Neste encontro, que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, a conselleira e o rexedor abordaron posibles vías de colaboración.
A conselleira puxo de relevo a aposta da Xunta para cooperar cos pequenos concellos a través de actuacións que contribúan a fixar poboación e a mellorar a calidade de vida da veciñanza.
Departamento:
C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Data de actualización: 06/02/2025