A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén unha reunión coa alcaldesa da Bola
2025-05-08
/documents/35297/1696629/250508_vivenda_alcaldesa_01av.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde un encontro de traballo coa alcaldesa da Bola, María Teresa Barge.
Nesta reunión, que tivo lugar hoxe en San Caetano e na que tamén participou a directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández, a conselleira e a alcaldesa abordaron actuacións en materia de infraestruturas e vivenda, de interese para este municipio.
O Goberno galego continúa apostando pola colaboración cos concellos para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica, fixando tamén poboación no rural.
Data de actualización: 08/05/2025