Arias asiste á inauguración oficial de Primark en Lugo
2025-05-16
/documents/35297/1705195/Primark+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 16 de maio de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na inauguración oficial da nova tenda de Primark na cidade, destacando que achega “máis actividade económica, máis dinamismo comercial e, sobre todo, máis emprego”.
Arias sinalou que “desde a Xunta cremos nun modelo comercial equilibrado, no que grandes operadores como este convivan e se complementen co comercio de proximidade, porque unha cidade con vida comercial é unha cidade viva”.
Departamento:
C. de Emprego, Comercio e Emigración
Data de actualización: 16/05/2025