Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 32.989 novas:

07/03/2026 | 14:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza os 50 anos de traxectoria de ATRA e o seu labor de formación de talento no ámbito da reparación de vehículos

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou no acto conmemorativo do 50 aniversario da Asociación Autónoma de Empresarios de Talleres de Reparacións de Vehículos de Pontevedra (ATRA)

07/03/2026 | 14:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta suma preto de 3700 participantes no programa Parlamento Xove

López Campos destaca o interese da mocidade nesta iniciativa que vai xa pola 17ª edición coa participación de máis de 750 equipos desde a súa posta en marcha

07/03/2026 | 14:03 | C. do Medio Rural

Medio Rural publicará o luns a nova convocatoria para favorecer a remuda xeracional e modernizar o agro galego dotada con 53 millóns de euros

Así o anunciou a titular deste departamento nunha visita á explotación Castro Paz en Guitiriz, beneficiaria destas achegas en anteriores convocatorias

07/03/2026 | 13:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda reivindica o papel das mulleres profesionais de Galicia a través da nova plataforma ‘Presentes’ para seguir rompendo fendas de xénero

Subliña que a nova comunidade conta xa con máis de 2.000 expertas de todos os sectores para seguir sensibilizando a sociedade, especialmente as xeracións máis novas

07/03/2026 | 13:11 | Axencia de Turismo de Galicia

Arrinca con éxito o novo programa dos Trens Turísticos de Galicia coa tradicional Ruta da Camelia que volverá a saír o 21 de marzo

Cun 100% de ocupación nestas dúas primeiras saídas da Ruta da Camelia, os Trens Turísticos continuarán en xuño e desenvolveranse ata outubro de 2026 cun total de 33 saídas, repartidas en 13 propostas, e 2.530 prazas

07/03/2026 | 11:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reivindica nos premios 10 de Marzo o diálogo social como motor de progreso e fortalecemento dos dereitos das persoas traballadoras

José González subliñou os valores de compromiso e responsabilidade social dos premiados este 2026: Samuel Kwesi, supervivente do Vila de Pitanxo, a maxistrada Paz Filgueira e o sindicalista Xosé Lamela

07/03/2026 | 11:41 | C. de Facenda e Administración Pública

A aplicación XuntaEu xa permite trasladar suxestións e queixas desde o móbil e suma preto de 160.000 descargas

Incorpora o carné de pesca fluvial, que se suma aos 17 xa integrados na app

07/03/2026 | 11:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 770.000 euros as obras de mellora para reducir o risco de inundación do río Fontecova, en Viveiro

A actuación está destinada a mellorar a capacidade hidráulica do leito do río e a evitar asolagamentos no núcleo da Tafona

07/03/2026 | 11:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo fai entrega dunha vivenda pública vacante en alugueiro rehabilitada ao abeiro do programa Rexurbe

A delegada da Xunta reafirmou o compromiso do Goberno galego de duplicar o parque público de vivenda e lembrou que ás 3.000 vivendas que xa están en marcha en diferentes fases de execución sumaranse 1.000 máis en 2026, ata acadar as 4.000 vivendas comprometidas nesta lexislatura