A Xunta pon en valor os produtos con selo de calidade diferenciada no marco de Estrelas no Camiño

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, asistiron esta mañá a un almorzo saudable organizado en Santiago de Compostela, dentro do programa de actividades do evento gastronómico solidario Estrelas no Camiño no que participan cociñeiros de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional.

Este almorzo serviu para poñer en valor os produtos agroalimentarios con selo de calidade diferenciada, que se deron a coñecer entre cociñeiros participantes, o que contribúe ao mesmo tempo a favorecer e ampliar a propia promoción destes produtos identificados con 38 selos de calidade diferenciada entre denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas, Agricultura Ecolóxica e Artesanía Alimentaria.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/06/2025