A Xunta pon de relevo os produtos galegos de calidade diferenciada na XXI Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite

Ribas de Sil (Lugo), 8 de xuño de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu este mediodía á XXI Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite que se está a celebrar na localidade lucense de Ribas de Sil.

Durante o seu percorrido polos diferentes postos da festa, Alemparte recoñeceu a importancia destes eventos para poñer en valor os produtos galegos amparados por algún dos 38 selos de calidade diferenciada dos que goza a nosa comunidade. Sinalou tamén que estas celebracións contribúen de xeito directo a favorecer as canles curtas de comercialización, o contacto directo entre consumidores e produtores e o consumo de alimentos de proximidade.

Data de actualización: 08/06/2025