A delegada da Xunta en Ferrol asiste ao V Encontro Feira de Emprego 45+ da Cámara de Comercio no auditorio de Ferrol

Ferrol, 26 de xuño de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá no Auditorio de Ferrol á inauguración do V Encontro Feira de Emprego 45+, unha nova edición organizada pola Cámara de Comercio da Coruña.

Un encontro onde o talento sénior, de persoas entre 45 e 65 anos, en situación de desemprego se conecta directamente con empresas que valoran a experiencia, a estabilidade e a motivación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/06/2025