A conselleira do Medio Rural salienta o potencial do sector hortícola galego na XXII Festa do Pemento de Mougán
2025-08-30
/documents/35297/1838688/20250830_ConseMR_pemento_mougan.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Guntín (Lugo), 30 de agosto de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu hoxe á XXII Festa do Pemento de Mougán, que se celebra esta fin de semana no concello de Guntín, e na que salientou o potencial do sector hortícola galego e, en concreto, do pementeiro. En concreto, a nosa comunidade conta con cinco indicacións xeográficas protexidas de pemento, entre as que se atopa o de Mougán.
Ao longo desta fin de semana, nesta festa está prevista a degustación de máis de 300 quilos de pemento entre os asistentes. Ademais, eventos deste tipo serven para poñer en valor o bo facer dos produtores desta IXP que sitúa a súa área de produción no concello de Guntín.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 30/08/2025