A Xunta apoia en Foz a campaña ‘De compras polo comercio da Mariña lucense’ co gallo de dinamizar o consumo local

Foz (Lugo), 25 de outubro de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, fixo hoxe en Foz un percorrido por diferentes establecementos no marco da campaña De compras polo comercio da Mariña lucense, organizada pola Federación de Comercio A Mariña e apoiada pola Xunta. Alí, destacou a implicación dos distintos comercios nesta acción que celebrará hoxe o seu primeiro sorteo de vales de compra entre as persoas que mercaron nos últimos días tanto nos negocios adheridos ao Centro Comercial Aberto Acia Foz como nos da veciña localidade de Barreiros.

O director xeral salientou a aposta da organización da campaña por traer persoas destacadas no ámbito do xornalismo, da escritura, do deporte ou do cine para que exerzan de reclamo e contribúan á dinamización comercial da contorna. Ao tempo que animou á clientela da Mariña a involucrarse, convidou aos empresarios e comerciantes a seguir por esta vía de promoción e incentivo ao consumo local.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/10/2025