A Xunta apoia as iniciativas de envellecemento activo que consolidan os valores Galicia Calidade en todos os ámbitos sociais

A Coruña, 11 de agosto de 2025

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe na festa Yayoween que organizan os maiores da residencia de maiores pública autonómica Torrente Ballester polo Samaín. Durante a celebración puxo en valor este tipo de iniciativas que ademais de promover un envellecemento activo son esenciais para a dinamización social e interxeracional dos usuarios dos centros residenciais.

Neste senso, o director xeral trasladou o compromiso da Xunta para seguir apoiando as actividades que promovan sempre a socialización dos maiores. Así, felicitou a todo o equipo deste centro por apostar sempre por iniciativas que comparten os valores dunha Galicia Calidade para todas as persoas, teñan a idade que teñan.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/10/2025