María José Gómez enxalza a Feira de Santos de Monterroso como axente dinamizador social e económico

Monterroso (Lugo), 1 de novembro de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe á Feira de Santos de Monterroso, onde destacou o papel desta celebración como axente dinamizador social e económico da contorna, ao estar declarada de Interese Turístico e ser unha das feiras máis antigas de toda a comunidade.

Ademais, destacou a importancia deste tipo de mercados na promoción dos produtos agroalimentarios galegos. Sinalou que esta Feira de Santos contribúe de xeito directo a favorecer o contacto directo entre produtores e consumidores, impulsar as canles curtas de comercialización e fomentar o consumo de alimentos de proximidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/11/2025