Medio Rural destaca o papel protagonista dos viños galegos no Salón Internacional de Viticultura Heroica de Val de Aosta
Os representantes de Galicia recibiron nesta cuarta edición do Mondial de Vins Extrêmes catro Grandes Medallas de Ouro e 14 Medallas de Ouro
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de galardóns
Bard (Italia), 22 de novembro de 2025
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios do Salón Internacional dos Viños de Viticultura Heroica – Vins Extrêmes, que se celebra esta fin de semana na localidade italiana de Bard, no Val de Aosta. Neste certame teñen un papel protagonista os viños galegos, que nesta edición recibiron catro Grandes Medallas de Ouro e 14 Medallas de Ouro.
O Mondial de Vins Extrêmes, que este ano acada a súa cuarta edición, é o único concurso enolóxico mundial dedicado aos viños producidos en condicións heroicas. Representa unha ocasión única de encontro e intercambio entre viticultores procedentes de zonas de montaña, fortes pendentes, viñedos en terrazas e illas, favorecendo o diálogo, o intercambio de experiencias, as boas prácticas e as visións estratéxicas para o futuro da viticultura heroica.
O evento está dirixido a profesionais do sector e afeccionados, cun programa completo que inclúe catas, clases maxistrais, charlas sobre viño e encontros temáticos. Ademais, os participantes teñen a oportunidade de interactuar directamente cos produtores presentes e explorar temas relacionados co cambio climático, a biodiversidade e a valorización das variedades de uva autóctonas. Durante os dous días do evento tamén é posible degustar todos os viños premiados da edición de 2025.
Relación de viños galegos premiados
GRAN MEDALLA DE OURO
DO RIBEIRA SACRA GODELLO DON COSME – 2024
EDV 2015 SLU – QUIROGA (LUGO)
DO RIBEIRA SACRA MENCIA MATILDA NIEVES – 2024
BODEGAS RECTORAL DE AMANDI, S.A.U. - SOBER (LUGO)
DO RIBEIRA SACRA MENCIA CIVIDADE – 2024
ADEGA VERAO - SOBER (LUGO)
DO RIAS BAIXAS SEÑORÍO DE RUBIÓS ALBARIÑO SELECCIÓN – 2024
VINOS DE LA LUZ (SEÑORÍO DE RUBIÓS S.L.) - PONTEVEDRA
MEDALLA DE OURO
DO RIBEIRA SACRA VÍA ROMANA AÑADA MENCÍA– 2024
ADEGA E VIÑEDOS VÍA ROMANA – CHANTADA (LUGO)
DO RIBEIRA SACRA MENCIA BATANERO - 2022
PAZO DE LA CUESTA - RIBAS DE SIL
DO RIBEIRA SACRA GODELLO 1904 – 2022
ADEGA VELLA – OURENSE
DO RIBEIRA SACRA MENCIA ALMANOVA – 2024
DO RIBEIRA SACRA GODELLO ALMALARGA – 2024 ALMA DAS DONAS – POMBEIRO - PANTÓN (LUGO)
DO RIBEIRA SACRA AMANDI MENCIA DON BERNARDINO – 2024
DO RIBEIRA SACRA AMANDI MENCIA DON BERNARDINO 4ª GENERACIÓN – 2020
DO RIBEIRA SACRA AMANDI GODELLO DON BERNARDINO – 2024 DON BERNARDINO – SOBER (LUGO)
DO RIBEIRA SACRA GODELLO – 2024 REGINA VIARUM SL – SOBER (LUGO)
DO RIBEIRA SACRA MENCIA 22° – 2023 ALOUVIÑO SL– SOBER (LUGO)
DO RIBEIRA SACRA ALVAREDOS-HOBBS GODELLO – 2019 ALVAREDOS-HOBBS – ALVAREDO
DO RIBEIRA SACRA MENCIA PROMINE SINGULAR – 2024 BODEGAS PETRÓN S.L – DOADE SOBER (LUGO)
DO RIBEIRA SACRA MENCIA VIÑA VELLA – 2024 S.A.T. VIRXEN DOS REMEDIOS – O SAVIÑAO
DO RIBEIRA SACRA AMANDI MENCIA CÁRCAVA – 2024 VIÑEDOS ZARZAGAL – MONFORTE DE LEMOS