A Xunta premia 40 estudantes polo seu esforzo e excelente resultado académico en ESO e Bacharelato no curso 2024/25

Estes galardóns, que cada ano outorga a Consellería de Educación, teñen como obxectivo valorar os méritos académicos baseados no traballo dos estudantes

Nesta última edición acadan estes recoñecementos un total de 21 mozas e 19 mozos

Santiago de Compostela, 6 de decembro de 2025

A Xunta vén de recoñecer un total de 40 estudantes, 21 mozas e 19 mozos, cos Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico e cos Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao pasado curso 2024/25 polo seu excelente resultado académico baseado no esforzo e no traballo realizado ao longo das correspondentes etapas educativas.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP convoca cada ano estes premios, a razón de 20 para ESO e outros 20 para Bacharelato, co obxectivo de avalar, incentivar e visibilizar a carreira académica dos alumnos destas etapas no sistema educativo galego.

Premiados na etapa de ESO

No que atinxe aos Premios Extraordinarios de Secundaria Obrigatoria, resultaron galardoadas 11 mozas e nove mozos de 17 centros educativos de Galicia, a razón de oito na provincia da Coruña, dous na de Ourense e sete na de Pontevedra.

A Consellería Educación dota cada un destes premios cun galardón de 1.000€ e, ademais, cada persoa galardoada recibirá un diploma acreditativo e a distinción será anotada no seu expediente académico. Os premios son compatibles, así mesmo, con calquera outro tipo de premios, bolsas ou axudas concedidos por algunha administración pública competente ou calquera ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou organismos internacionais.

Puido acceder a esta convocatoria o alumnado que cursase o pasado ano académico o cuarto curso da Educación Secundaria Obrigatoria e que obtivese no conxunto da etapa unha nota media igual ou superior a nove puntos. Os presentados deberon, así mesmo, realizar unha proba específica sobre cuestións teóricas e prácticas relacionadas co currículo de 4º de ESO.

 

Provincia

Concello

Centro educativo

Apelidos e nome

A Coruña

A Coruña

CPR Eiris

Martín Gutiérrez, Antonio

A Coruña

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

Muíño García, Alejandro

A Coruña

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

Rivas Diéguez, Luis José

Ames

IES do Milladoiro

García Tarrío, Carmen

Oleiros

IES María Casares

Suárez Vázquez, Mario

Santiago de Compostela

CPR Manuel Peleteiro

Nieto Senatore, Tirso

Santiago de Compostela

CPR Manuel Peleteiro

Regueira Rodríguez, Clara

Santiago de Compostela

CPR Manuel Peleteiro

Souto Bravos, Laura

Santiago de Compostela

CPR Plurilingüe La Salle

Fraga Gigirey, Martín

Santiago de Compostela

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

Jorquera Domínguez, Ana

Zas

IES Maximino Romero de Lema

Ramos Pastoriza, Miguel

Ourense

Ourense

CPR Plurilingüe Santa María

Rodríguez Gómez, María

Ourense

IES As Lagoas

Blanco Fernández, Iria Mei

Pontevedra

Cambados

IES Francisco Asorey

Otero Dozo, Adriana

Gondomar

IES Plurilingüe Terra de Turonio

Pellitero Fernández, Xabier

Pontevedra

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús, Placeres

Álvarez Fernández, María

Pontevedra

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús, Placeres

Parada Méndez, Manuela

Pontevedra

IES Gonzalo Torrente Ballester

Pérez Rosano, Lucía

Pontevedra

IES Sánchez Cantón

Rivas Otero, Mateo

Vigo

IES do Castro

Leiva Castro, Clara

 

Premios Extraordinarios de Bacharelato

Nesta edición veñen de alzarse cos Premios Extraordinarios de Bacharelato un total de 20 alumnos (10 homes e outras 10 mulleres) de 19 centros educativos a razón de catro na provincia da Coruña, outros catro de Lugo, tres de Ourense e oito de Pontevedra.

Cada un deles recibirá 1.000 euros ademais dun diploma acreditativo, e a distinción será anotada no seu expediente académico.

Para acceder a estes premios, os galardoados tiveron que obter unha nota media do Bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos, ademais de superar unha proba específica estruturada en dúas partes que abranguen un comentario crítico dun texto así como o desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e exercicios prácticos relacionados coas materias cursadas.  

 

Provincia

Concello

Centro educativo

Apelidos e nome

A Coruña

A Coruña

CPR Eiris

Pérez Criado, Jacobo

A Coruña

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

Díaz López, Claudia

Santiago de Compostela

CPR Manuel Peleteiro

Pérez Otero, Alberto

Santiago de Compostela

IES Eduardo Pondal

Bello Conde, Alejandra

Lugo

Castro de Rei

IES da Terra Chá, José Trapero Pardo

Docando Freire, Antonio

Lugo

IES Xoán Montes

Domínguez Pereira, Lucía

Oleiros

CPR Plurilingüe Hijas de Cristo Rey

Fernández Loira, África María

Ribadeo

IES Dionisio Gamallo

Alcantara Coto, Angela

Ourense

Celanova

IES Celanova Celso Emilio Ferreiro

Pérez Garrido, Marcos

Ourense

CPR Plurilingüe María Auxiliadora

Sueiro Nespereira, Clara

Ourense

IES As Lagoas

Flórez Sánchez, Elena

Ourense

IES As Lagoas

Sánchez Martín, Yoel

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pontevedra

Cambados

IES Francisco Asorey

Araújo Rodríguez, Diego

Pontevedra

IES Gonzalo Torrente Ballester

Sambade Caamaño, Alejandro

Redondela

IES de Chapela

Villaverde García, Laura

Vigo

CPR Plurilingüe Apostol Santiago

Lemos Peixoto, Manuel

Vigo

CPR Plurilingüe Rosalía de Castro

Rodríguez Izquierdo, Laura

Vigo

ICPR Plurilingüe San José de Cluny

Méndez-Benegassi Egerique, Teresa Saleta

Vigo

IES do Castro

Castro de Diego, Javier

Vigo

IES República Oriental do Uruguai

Justo Vicente, Antón

Data de actualización: 06/12/2025