A Xunta convoca o concurso-oposición para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria

Convócanse un total de 54 prazas

O prazo de inscrición nos procesos selectivos remata o 29 de xaneiro de 2026

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2025

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, unha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde coa convocatoria do concurso-oposición para o ingreso nas clases de farmacéutico inspector de saúde pública, inspector médico, licenciado en ciencias biolóxicas, licenciado en ciencias químicas, licenciado en farmacia, licenciado en psicoloxía,  ATS/DUE e  subinspector sanitario.

Ofértanse un total de 54 prazas, das cales 12 corresponden á clase de farmacéutico inspector de saúde pública, 10 a inspector médico, 2 a licenciado en ciencias biolóxicas, 3 a licenciado en ciencias químicas, 8 a licenciado en farmacia, 4 a licenciado en psicoloxía, 7 a ATS/DUE e 8 prazas corresponden á clase de subinspector sanitario.

Na seguinte táboa pode consultar o número de prazas ofertadas por clase e por quenda de acceso:

CLASE

Acceso libre

PI

Discapac.

N.º total prazas

Farmacéutico inspector de saúde pública

8

3

1

12

Inspector médico

6

3

1

10

Licenciado en ciencias biolóxicas

1

1

 

2

Licenciado en ciencias químicas

2

1

 

3

Licenciado en farmacia

5

2

1

8

Licenciado en psicoloxía

2

1

1

4

ATS/DUE

4

2

1

7

Subinspector sanitario

5

2

1

8

O formulario de inscrición estará dispoñible no expediente electrónico do profesional (FIDES/Expedient-e/Procesos/OPE) a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O prazo de inscrición remata o 29 de xaneiro de 2026.

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter no momento da toma de posesión, os requisitos recollidos na resolución de convocatoria.

O órgano convocante poderá verificar certos requisitos de participación a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia (PasaXe!). Isto implica que os aspirantes que non se opoñan no formulario de solicitude de participación á consulta a través da plataforma de interoperabilidade non terán a obriga de achegar certa documentación acreditativa como o DNI ou NIE, o certificado de discapacidade ou o certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial se foron expedidos por organismos da Comunidade Autónoma de Galicia, a certificación de antigüidade como demandante de emprego e de non percibir no momento actual prestación ou subsidio por desemprego en calquera parte do territorio nacional.

Fóra destes supostos, ou cando conste a oposición expresa á súa consulta, os aspirantes deberán presentar a documentación acreditativa dos requisitos indicados na base segunda da convocatoria.

Os méritos que se terán en conta na fase de concurso son os recollidos no Anexo IV da convocatoria e valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Os interesados deberán rexistralos debidamente no seu expediente electrónico do profesional (Fides/expedient-e) e acreditalos documentalmente na forma e prazos indicados na convocatoria.

Os aspirantes poden dirixir todas as dúbidas e consultas relacionadas con estes procesos ao enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es.

Data de actualización: 29/12/2025