A Xunta destaca o potencial de citas consolidadas como a Festa da Androlla de Viana do Bolo na dinamización socioeconómica e turística do territorio
Viana do Bolo (Ourense), 15 de febreiro de 2026
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu hoxe en Viana do Bolo á 54ª edición da Festa da Androlla, unha cita consolidada e emblemática do entroido vianés que forma parte do carnaval tradicional, declarado Festa de Interese Turístico Nacional pola súa riqueza e singularidade folclórica.
Nesta liña, o Goberno galego pon de relevo que accións coma esta que enxalzan os recursos propios do territorio e a gastronomía local contribúen á súa dinamización socioeconómica e turística ao ir aparelladas a outras actividades da programación de Entroido, entre elas, o desfile dos fulións, boteiros e carrozas, ao que tamén asistiron os representantes autonómicos.