Medio Rural promociona os produtos amparados polo selo de Artesanía Alimentaria na Festa do Caldo de Ósos
A conselleira María José Gómez asistiu hoxe á XXXIV edición deste evento que se celebra no concello de Taboada, que conta cunha exposición de gando de razas autóctonas e un mercado de produtos artesanais
Taboada (Lugo), 15 de febreiro de 2026
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu hoxe á XXXIV Festa do Caldo de Ósos, celebrada esta fin de semana no concello de Taboada, onde se promocionaron os produtos amparados polo selo de Artesanía Alimentaria.
A Consellería colabora con este evento cunha cata degustación de produtos amparados polo distintivo de calidade diferenciada. A actividade, que tivo lugar onte, estivo a cargo do cociñeiro Martín Mantilla, do Restaurante Berso de Sober, que elaborou seis pratos diferentes, incluídas as tradicionais orellas de entroido.
Ademais, a festa conta cunha exposición de gando de razas autóctonas e un mercado de produtos artesanais. Neste último, tamén se levaron a cabo demostracións en vivo a cargo do artesáns. A xornada rematou coa degustación dun caldo de ósos, unha sopa contundente feita con garavanzos e soá de porco, moi representativo da cociña da Ribeira Sacra interior.