Medio Rural e o Concello de Castro de Rei avalían os avances realizados no municipio en materia de mobilidade de terras
Lugo, 21 de marzo de 2026
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta semana unha xuntanza co alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado, para avaliar os avances realizados no municipio en materia de mobilidade de terras. Neste sentido, abordaron o estado da obra para dotar á parcelaria de Triabá dunha rede de 30 novos camiños, unha actuación que conta cun orzamento de máis de 4,2 millóns de euros ata 2028.
A través desta actuación, iniciada xa en outubro de 2025, mellorarase unha parcelaria que abrangue unha superficie de 1.163 hectáreas, dentro das que se atopan 3.144 parcelas de algo máis de 550 propietarios. Ademais, no ámbito de infraestruturas rurais, cómpre salientar que o concello de Castro de Rei conta cunha axuda aprobada de case 88.500 euros, no marco do Plan Camiña Rural 2025-2026, coa que se está levando a cabo unha serie actuacións en varias vías de titularidade municipal.