O Servizo Galego de Saúde publica as listas provisionais de admitidos no concurso-oposición para o ingreso en 21 categorías de persoal estatutario
Resultaron admitidos 21.174 aspirantes para 826 prazas
A categoría con maior número de aspirantes aceptados foi a de grupo auxiliar da función administrativa, seguida da categoría de celador, traballador social e fisioterapeuta
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2026
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, unha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se informa da relación provisional de admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso en 21 categorías de persoal estatutario.
Resultaron admitidos, con carácter provisional, 21.174 aspirantes das persoas inscritas, 483 pola quenda de promoción interna, 18.721 pola quenda de acceso libre, 1.681 pola quenda de discapacidade xeral e 289 pola quenda de discapacidade intelectual.
Nestes procesos selectivos ofértanse 826 prazas, das cales 58 corresponden a diversas categorías de persoal sanitario facultativo, 88 a persoal sanitario non facultativo e 680 prazas a persoal non sanitario.
Convocáronse prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual nas categorías de celador e grupo auxiliar da función administrativa.
As categorías con maior número de aspirantes admitidos foron a de grupo auxiliar da función administrativa, 7.890; celador, 7.515; traballador social, 1.020; e fisioterapeuta, 829.
Na seguinte táboa figura o número de prazas convocadas por categoría e o número total de persoas admitidas e por categoría e por quenda de acceso.
|
Categoría |
L |
PI |
DX |
QDI |
Total persoas admitidas |
TOTAL prazas |
|
Calefactor/a |
164 |
12 |
|
|
176 |
7 |
|
Celador/a |
6.494 |
33 |
806 |
182 |
7.515 |
348 |
|
Condutor/a |
347 |
24 |
67 |
|
438 |
15 |
|
Dietista-nutricionista |
335 |
4 |
6 |
|
345 |
45 |
|
Electricista |
385 |
6 |
22 |
|
413 |
11 |
|
Farmacéutico/a de atención primaria |
617 |
12 |
7 |
|
636 |
31 |
|
Fisioterapeuta |
813 |
3 |
13 |
|
829 |
27 |
|
Fontaneiro/a |
148 |
6 |
|
|
154 |
8 |
|
Grupo auxiliar da función administrativa |
6.852 |
219 |
712 |
107 |
7.890 |
200 |
|
Lavandeiro/a |
288 |
5 |
|
|
293 |
6 |
|
Logopeda |
205 |
1 |
|
|
206 |
5 |
|
Mecánico/a |
258 |
7 |
|
|
265 |
5 |
|
Médico/a asistencial del 061 |
92 |
45 |
|
|
137 |
8 |
|
Médico/a de admisión e documentación clínica |
43 |
13 |
|
|
56 |
5 |
|
Médico/a xeral da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue |
28 |
5 |
|
|
33 |
6 |
|
Odontólogo/a de atención primaria |
188 |
0 |
|
|
188 |
8 |
|
Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da Información |
89 |
10 |
|
|
99 |
9 |
|
Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da Información |
116 |
16 |
|
|
132 |
5 |
|
Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da Información |
67 |
21 |
|
|
88 |
9 |
|
Terapeuta ocupacional |
253 |
2 |
6 |
|
261 |
11 |
|
Traballador/a social |
939 |
39 |
42 |
|
1.020 |
57 |
|
TOTAL |
18.721 |
483 |
1.681 |
289 |
21.174 |
826 |
|
LI: quenda de libre; PI: quenda de promoción interna; DX:discapacidade xeral; QDI: quenda de discapacidade intelectual |
||||||
Da totalidade de persoas admitidas, máis do 80 % están exentas de realizar a proba de lingua galega por estar en posesión do correspondente certificado oficial acreditativo do nivel de coñecemento de lingua galega.
As listas atópanse publicadas, ao dispor dos usuarios, na web do Servizo Galego de Saúde. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado pola persoa aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e, no apartado de “Procesos”.
Os aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas ao enderezo oposicions@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamación.