A Xunta reafirma o seu compromiso co sector vitivinícola na gala de premios da DO Ribeiro

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, xunto coa directora xerente de Galicia Calidade, participaron hoxe neste evento

Vigo, 2 de xullo de 2026

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte; xunto coa directora xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez; participou hoxe na gala de premios da DO Ribeiro. Alí, reafirmou o compromiso Goberno autonómico co sector vitivinícola e co impulso da calidade diferenciada como un dos piares do desenvolvemento do rural galego.

Na súa intervención destacou que as denominacións de orixe representan moito máis que un selo de calidade, xa que favorece a creación de valor engadido, preserva o patrimonio produtivo, fortalece a identidade das comarcas e xera oportunidades para as persoas que viven e traballan no rural. Seguindo esta liña, subliñou que a calidade diferenciada non só garante a orixe e a calidade dos produtos, senón que tamén contribúe a facer territorio, reforzando a conexión entre os alimentos, a paisaxe, a cultura e o saber facer acumulado durante xeracións.

Así mesmo, puxo en valor o papel da Denominación de Orixe Ribeiro como unha das grandes referencias do viño galego e exemplo de como a excelencia, a autenticidade e a forte vinculación co territorio constitúen a mellor garantía para afrontar con éxito os retos de futuro do sector.

O director da Axencia trasladou os seus parabéns aos premiados desta edición, destacando que co seu traballo contribúen a reforzar o prestixio da DO e do conxunto da viticultura galega.

Data de actualización: 02/07/2026