Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afecta ao parque do Xurés
O lume iniciouse ás 13.40 horas de hoxe e afectou finalmente 1 hectárea de superficie rasa
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2026
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, quedou extinguido ás 19.18 horas.
O lume iniciouse ás 13.40 horas de hoxe e afectou finalmente 1 hectárea de superficie rasa. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 1 axente, 4 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.