Belén do Campo participa na inauguración do escenario do Atlantic Pride e pon en valor o apoio do Goberno galego ao festival a través dos Concertos do Xacobeo

Os Concertos do Xacobeo son unha aposta estratéxica do Goberno galego para consolidar Galicia como escenario de grandes eventos culturais, promover a creación de experiencias de calidade para a cidadanía e os visitantes e reforzar o posicionamento da comunidade como un dos principais destinos culturais e musicais do noroeste peninsular

A Coruña, 9 de xullo de 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu esta tarde á inauguración do escenario principal do Atlantic Pride 2026, que celebra a súa sétima edición entre os días 5 e 12 de xullo e volve converter A Coruña no referente do Orgullo do Norte.

O Atlantic Pride consolidouse como unha das citas culturais máis destacadas do verán en Galicia, cun formato gratuíto, aberto e inclusivo que promove a diversidade, a convivencia e o respecto a través da música e da cultura.

Impulsado pola Asociación Orgullo Coruña (ORCO), o festival ofrece durante oito xornadas unha ampla programación con actuacións de artistas como Azúcar Moreno, Soraya, María Isabel, Jorge González, Miriam Rodríguez, Alba Reche, Zahara, Whigfield, Ricky Merino e Julieta, ademais de espectáculos drag, actuacións de artistas galegos e sesións de DJ.

O apoio da Xunta ao Atlantic Pride enmárcase na programación dos Concertos do Xacobeo, unha aposta estratéxica do Goberno galego para consolidar Galicia como escenario de grandes eventos culturais, promover a creación de experiencias de calidade para a cidadanía e os visitantes e reforzar o posicionamento da comunidade como un dos principais destinos culturais e musicais do noroeste peninsular.

Neste sentido, subliñou que esta iniciativa permite achegar a Galicia artistas e producións de primeiro nivel, ao tempo que dinamiza a economía local, impulsa o turismo, fortalece o sector cultural e proxecta a imaxe de Galicia Calidade como un destino de referencia para os grandes eventos.

A delegada territorial incidiu en que cada concerto supón un importante impacto económico para a hostalaría, o comercio e os servizos, ademais de contribuír á creación de riqueza e emprego nos municipios que os acollen.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/07/2026