A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, presidiu esta mañá a reunión do consello de administración de Sociedade de Vivenda Pública de Galicia

A Xunta de Galicia adxudica a obra de construción de 17 vivendas de promoción pública, en Lalín

O importe de adxudicación é de máis de 3 millóns de euros.

Construiranse nunha parcela cedida de balde polo Concello

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026

O consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) autorizou hoxe a adxudicación do contrato para a construción de 17 vivendas de promoción pública nunha parcela do Vial 1, cedida de balde polo Concello de Lalín. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto G. Porto, presidiu hoxe a reunión do consello de administración de Vipugal.

Será a empresa Proyecon Galicia, S.A. a encargada da construción das vivendas, segundo o proxecto redactado por Germán Gómez Crespo.

O contrato para a execución das obras licitouse por importe de 3.278.227,07 euros e adxudícase por 3.088.885 euros.

As vivendas distribuiranse da seguinte maneira, en función do número de dormitorios:

NÚMERO DORMITORIOS

NÚMERO DE VIVENDAS

SUPERFICIE UTIL m2

2

10

66,26 A 69,14

3

5

87,50 A 90,13

3 (adaptada para mobilidade reducida)

1

99,06

4 dormitorios

1

108.32

TOTAL

17

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/07/2026