As obras de mellora do firme na estrada AC-841, en Pontevea, farán necesarios desvíos de tráfico na AG-59 durante a noite do luns 24

Para executar as obras na intersección desta vía coa AC-241 será necesario o peche do último treito da AG-59, dende as 20 horas do luns ata as 7 h. do martes

As tarefas acometeranse en horario nocturno para reducir a afección aos usuarios

As obras forman parte dun contrato que inclúe a mellora doutras estradas como a AC-543, AC-960 e a AC-261, ao paso por Santiago, Touro, Teo, Ames ou Rois

A Xunta mobiliza este ano un investimento de 71,6 M€ para a conservación das estradas autonómicas, co fin de reforzar a seguridade viaria e a mobilidade

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2026

As obras de mellora do firme na estrada AC-841, en Pontevea, farán necesarios desvíos de tráfico na AG-59 durante a noite do luns 24.

Para levar a cabo estes traballos na intersección desta estrada coa AC-241 será necesario o peche do último treito da AG-59, dende as 20 horas do luns ata as 7 horas do martes. Estas tarefas desenvolveranse en horario nocturno para reducir a afección aos usuarios da estrada.

O desvío habilitado, pola saída 6 da AG-59, estará sinalizado con antelacións e adoptaranse as medidas necesarias para garantir a seguridade viaria e a fluidez do tráfico.

Estas actuacións de acondicionamento do firme forman parte dun contrato máis amplo que inclúe a mellora doutras estradas como a AC-543, AC-960 e a AC-261, ao seu paso polos municipios de Santiago de Compostela, Boqueixón, Touro, Teo, Ames, Rois, Lousame e Noia.

A Xunta continúa materializando a súa aposta polo axeitado mantemento da rede viaria autonómica. Neste sentido, este ano o Goberno galego mobiliza un investimento de 71,6M€ para a conservación das estradas da súa titularidade, co fin de reforzar a seguridade viaria e a mobilidade na comunidade.

Data de actualización: 22/08/2026