A Xunta investirá 145.000 € na compra dun sistema avanzado de láser para otorrinolaringoloxía no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela

A dispoñibilidade deste equipamento contribuirá a mellorar as capacidades cirúrxicas do servizo de otorrinolaringoloxía mediante técnicas de elevada precisión sobre tecidos brandos

A contratación enmárcase dentro da estratexia do Servizo Galego de Saúde de renovación progresiva e actualización tecnolóxica dos recursos electromédicos e equipamentos cirúrxicos

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2026

O Portal de Contratos Públicos de Galicia publicou, por medio a Consellería de Sanidade, a licitación do subministro, instalación e posta en funcionamento dun sistema avanzado de láser CO2 para microcirurxía do servizo de ortorrinolaringoloxía (ORL) do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, por un importe de 145.805 euros.

As empresas interesadas nesta contratación teñen de prazo ata o nove de setembro para presentar as súas ofertas.

A dispoñibilidade deste equipamento contribuirá a mellorar as capacidades cirúrxicas do servizo de otorrinolaringoloxía mediante técnicas de elevada precisión sobre tecidos brandos.

Así mesmo, o novo equipamento permitirá favorecer a realización de procedementos minimamente invasivos con menor afectación de tecidos adxacentes e incrementar a seguridade e precisión durante procedementos de microcirurxía larínxea e cirurxía ORL avanzada.

Engadido ao anterior, este sistema permitirá ampliar as posibilidades terapéuticas e cirúrxicas do centro mediante tecnoloxías de transmisión flexible e sistemas avanzados de escaneado, así como mellorar a autonomía tecnolóxica e a capacidade resolutiva da área sanitaria.

Esta contratación enmárcase dentro da estratexia do Servizo Galego de Saúde de renovación progresiva e actualización tecnolóxica dos recursos electromédicos e equipamentos cirúrxicos, respondendo a criterios de necesidade asistencial, mellora operativa, seguridade clínica e utilización eficiente dos recursos públicos.

Data de actualización: 25/08/2026