O delegado da Xunta en Ourense recibe ao novo conselleiro nacional da Asociación Española Contra o Cancro

Ourense, 26 de agosto de 2026

O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu esta mañá na Delegación Territorial a Germán Rodríguez-Sáa, para trasladarlle os seus parabéns polo recente nomeamento como conselleiro nacional da Asociación Española Contra o Cancro, e desexoulle un período exitoso na responsabilidade que acaba de principiar, que permitirá reforzar a participación de Galicia nos órganos de goberno da entidade.

No encontro, Manuel Pardo destacou que este nomeamento supón un recoñecemento á súa traxectoria como presidente da Asociación Española Contra el Cancro en Ourense, e ao traballo que esta entidade vén desenvolvendo grazas á implicación do voluntariado, dos profesionais, das persoas colaboradoras e das institucións, que comparten o obxectivo común de seguir avanzando na loita contra esta enfermidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/08/2026