As obras de mellora do firme na AC-841, en Pontevea, farán necesario levar a cabo traballos nocturnos durante este a noite e a do mércores 2
As tarefas desenvolveranse en horario nocturno para reducir a afección aos usuarios da estrada durante estes dous días, entre as 20 horas e as 7 horas
Durante a execución destes traballos tomaranse as medidas oportunas para garantir en todo momento a fluidez do tráfico e a seguridade viaria., quedando habilitado un carril
As obras forman parte dun contrato que inclúe a mellora doutras estradas como a AC-543, AC-960 e a AC-261, ao paso por Santiago, Touro, Teo, Ames ou Rois
A Xunta mobiliza este ano un investimento de 71,6 M€ para a conservación das estradas autonómicas, co fin de reforzar a seguridade viaria e a mobilidade
Santiago de Compostela,1 de setembro de 2026
As obras de mellora do firme na estrada AC-841, en Pontevea, farán necesarios a realización de novos traballos, durante esta noite e a do mércores día 2.
Estas tarefas desenvolveranse en horario nocturno para reducir a afección aos usuarios da estrada, e durante a execución destes traballos, tomaranse as medidas oportunas para garantir en todo momento a fluidez do tráfico e a seguridade viaria., quedando habilitado un carril.
O horario previsto destes traballos serán: hoxe, martes día 1 de setembro, de 20:00 horas ás 07:00 h (desde o quilómetro 11.000 ao 11.500), e o mércores día 2 de setembro, de 20:00 h a 07:00 h (do quilómetro 2.500 ao 3.000).
Estas actuacións de acondicionamento do firme forman parte dun contrato máis amplo que inclúe a mellora doutras estradas como a AC-543, AC-960 e a AC-261, ao seu paso polos municipios de Santiago de Compostela, Boqueixón, Touro, Teo, Ames, Rois, Lousame e Noia.
O departamento que dirixe M. Allegue segue apostando polo axeitado mantemento da rede viaria autonómica. Neste sentido, este ano a ConsellerÍa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mobiliza un investimento de 71,6M€ para a conservación das estradas da súa titularidade, co fin de reforzar a seguridade viaria e a mobilidade na comunidade.