A conselleira Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Ponteceso
2026-09-03
/documents/35297/2273888/20260903_Conselleira_Vivenda_AlcaldePonteceso-1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato.
Neste encontro, que tivo lugar en San Caetano e no que tamén estivo a directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas de interese para este municipio.
A Xunta segue prestando apoio aos concellos para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Data de actualización: 03/09/2026