Román Rodríguez analiza coa asociación de empresarios de Deza novas opcións de FP que promovan a inserción laboral na comarca

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP destaca que xa se están facendo melloras nos centros de Lalín que imparten estas ensinanzas

Lalín (Pontevedra), 17 de setembro de 2026

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse hoxe co novo presidente da Asociación de Empresarios de Deza, Ramiro Mejuto, así como con outros representantes da entidade e co alcalde de Lalín, José Crespo. O obxectivo foi o de analizar as necesidades de persoal cualificado das empresas da comarca e as posibles vías de colaboración para darlles resposta a través da Formación Profesional, promovendo a inserción laboral do alumnado e o crecemento económico da comarca. Cómpre lembrar que o modelo de éxito da FP galega destaca pola súa estreita relación co tecido produtivo a través de iniciativas como o Plan Conecta FP Galicia 2023–2025.

O titular do departamento educativo da Xunta destacou que o Goberno galego está precisamente a mellorar as instalacións do Instituto Ramón Mª Aller Ulloa e tamén vai acondicionar os espazos dedicados a estas ensinanzas no Instituto Laxeiro, precisamente co obxectivo de seguir impulsando a FP no concello de Lalín. Estes dous centros contan na actualidade con algo máis de 320 matriculados en 13 ciclos diferentes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/09/2026