A Xunta comparte experiencias para impulsar o comercio de proximidade con motivo do fórum europeo nesta materia que se celebra en Barcelona
Barcelona, 17 de setembro de 2026
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe en Barcelona nunha reunión de persoas responsables de comercio das diferentes administracións autonómicas organizada polo Ministerio de Economía, Comercio e Empresa con motivo da celebración mañá do Foro Europeo das cidades e do comercio de proximidade.
O encontro de traballo tivo como obxectivo abordar as principais cuestións de interese para o sector e avanzar na coordinación e no intercambio de experiencias entre as distintas rexións. Alén destacou a importancia de compartir coñecementos e boas prácticas entre as distintas comunidades para seguir impulsando un comercio próximo, dinámico e adaptado aos novos retos, e puxo en valor a celebración do Fórum, que reunirá representantes e expertos para analizar os retos e oportunidades do comercio de proximidade e o papel das cidades na súa dinamización.