Activo un incendio forestal no concello pontevedrés de Silleda, parroquia de Oleiros
O lume iniciouse ás 22,49 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2026
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, que se rexistra no concello pontevedrés de Silleda, parroquia de Oleiros. O lume iniciouse ás 22,49 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie que supera as 20 hectáreas.
Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 7 axentes, 8 brigadas, 11 motobombas e 2 pas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.