Medio Rural acorda cos representantes sindicais do persoal técnico do SPIF convocar a mesa de negociación trala tempada de alto risco
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2026
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta mañá cos representantes sindicais do persoal técnico do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) da Xunta de Galicia na que acordaron a convocatoria da mesa de negociación para abordar o convenio das condicións de traballo unha vez pase a tempada de alto risco de incendios forestais.
Na reunión, na que tamén estiveron presentes a secretaria xeral técnica, Marta Forés, e o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, deuse este paso adiante co obxectivo seguir desenvolvendo melloras laborais específicas nesta categoría profesional.
Neste sentido, a conselleira trasladou aos sindicatos o apoio da Xunta na súa reivindicación sobre a aplicación de coeficientes redutores na idade de xubilación nesta categoría, unha cuestión que depende do desenvolvemento dunha normativa a nivel estatal. Cabe recordar que a solicitude das organizacións sindicais é o establecemento da xubilación anticipada aos 60 anos nos grupos A1 e A2 dentro da escala de Enxeñeiros Técnicos.