Allegue reúnese en Vigo co propietario dunha vivenda baleira que está arranxando cunha axuda da Xunta, para poñela despois no mercado de alugueiro
2026-10-08
/documents/35297/2310320/_LAN2545.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 8 de outubro de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, reuniuse hoxe en Vigo co propietario dunha vivenda baleira que está arranxando cunha axuda da Xunta, para poñela logo no mercado de alugueiro a prezo accesible.
Trátase do programa Fogar Vivo, que puxo en marcha o Goberno galego en 2025, co obxectivo de que os propietarios poidan arranxar vivendas, que en moitos casos levaban tempo baleiras, co compromiso de posteriormente alugalas. Nesta liña tamén se inclúe a axuda para o seguro de impago e multirrisco no fogar.
Departamento:
C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Data de actualización: 08/10/2026