Lugo celebra o Día das Mulleres Rurais coa xornada Mulleres que fan territorio
Lugo, 15 de outubro de 2026
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, asistiu hoxe á xornada Mulleres que fan Territorio, acto que conmemora o Día das Mulleres Rurais para dar visibilidade e voz ás mulleres que contribúen a manter vivo o rural galego e construír o seu futuro.
A iniciativa incluíu dúas mesas, tituladas Muller rural e profesións e Mulleres que fan o rural, que contaron coa participación de seis traballadoras de distintos ámbitos para compartir as súas experiencias en sectores como a agricultura, a gandaría, a investigación e o emprendemento.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 15/10/2026