A Xunta financiará con 17,3 M€ a actividade investigadora dos grupos científicos máis competitivos do sistema galego de I+D+i
Rueda salienta que se procura impulsar a excelencia e dar estabilidade ao persoal científico que exerce en Galicia
Apóiase así a actividade investigadora dos grupos de referencia competitiva, dos grupos de potencial crecemento e dos proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente
O Goberno galego leva mobilizado máis de 223 M€ nos últimos 13 anos para estas entidades, o que dota de estabilizada a actividade invetigadora de 285 grupos
O presidente da Goberno galego, Alfonso Rueda, puxo en valor a aprobación hoxe por parte do Consello da Xunta da partida de 17,3 millóns de euros a axudas para garantir o funcionamento dos grupos de investigación máis competitivos do sistema de I+D+i para o período 2023-2027.
Tres modalidades e a consideración do lidarado e importancia das mulleres
Rueda precisou que, ao igual que nas convocatorias anteriores, a orde inclúe tres modalidades de axuda. Unha delas vai dirixida ao apoio a grupos de referencia competitiva que, segundo apuntou, son aqueles considerados “a primeira división da investigación” cunha traxectoria consolidada. A axuda renóvase cada catro anos e oscila entre os 200.000 e os 400.000 euros.
A segunda modalidade das axudas é para grupos de potencial crecemento. O presidente exolicou que se trata daqueles que están na senda de excelencia “cun pontencial de crecemento”, valorou. As achegas son cada tres anos e están entre 90.000 e 120.000 euros.
A terceira modalidade destas axudas vai dirixida a proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente. Esta partida procura, segundo indicou Rueda, darlle unha oportunidade a aqueles científicos alleos aos grupos ou que queren liderar o seu propio proxecto poidan facelo.
No caso desta terceira modalidade existen dúas variantes, unha para reforzar a traxectoria investigadora consolidada do beneficiario, con 200.000 euros por proxecto, e outra para os investigadores emerxentes, con 125.000 euros.
Nesta nova convocatoria manterase o criterio de ter en consideración o liderado e a importancia e o papel desempeñado polas mulleres nas propostas presentadas, co fin de contribuír a reducir o desequilibrio entre mulleres e homes dedicados á investigación no Sistema galego de I+D+i.