A Xunta apela á responsabilidade de todos os gobernos para loitar contra as redes de explotación no Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos

Ourense, 18 de outubro de 2023

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou na XII Xornada da Rede Galega contra a Trata Sexual, que forman doce entidades galegas, con motivo hoxe da conmemoración do Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos. Neste acto, que se celebra cada ano, abórdanse temas relevantes relacionados coa trata e a explotación sexual, centrándose en 2023 no novo marco lexislativo.

Vázquez apelou á responsabilidade “de todos os gobernos” para enfrontar este problema mediante políticas integrais que busquen castigar aos responsables, pero tamén protexer ás vítimas e erradicar as raíces estruturais e sociais que sustentan estas redes de explotación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/10/2023