Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 33.980 novas:

07/04/2026 | 20:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos celebra que o legado do estradense Manuel Reimóndez “se estenda a toda Galicia”

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude inaugura na Coruña a exposición organizada polo Concello da Estrada dedicada a este persoeiro despois do seu paso polo municipio estradense

07/04/2026 | 19:48 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Carballo, parroquia de Noicela

O lume, que se iniciou onte ás 14.20 horas xuntouse con outro rexistrado na localidade limítrofe da Laracha, parroquia de Caión, afectou finalmente unha superficie de 186,5 hectáreas das cales 105,5 se corresponden con monte arborado e 81 con raso

07/04/2026 | 19:36 | C. do Mar

Villaverde incide ante os patróns maiores da Coruña con marisqueo a pé na importancia do plan de acción para recuperar os seus bancos marisqueiros

A conselleira do Mar reuniuse cos representantes dos pósitos para reiterar as medidas dotada con 22,7 M€ e que ten nos convenios directos o seu principal eixo de actuación

07/04/2026 | 18:53 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres no Concello de Vigo

Este foco corresponde a un exemplar de gaivota patiamarela que foi trasladado ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo Cotobade

07/04/2026 | 18:48 | C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta propón unha fronte común de administracións, empresas e expertos para frear unha reforma do Regulamento de Costas que xerará inseguridade xurídica e ameazará dereitos adquiridos sobre o litoral

O obxectivo é defender os intereses de Galicia a través dunhas alegacións ao texto proposto polo Goberno central, que, nos termos previstos, é contrario a dereito ao modificar unha lei pola porta de atrás e estendendo ademais a directiva europea de servizos a todas as actividades produtivas do litoral

07/04/2026 | 18:15 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 18.00 horas

Extinguido o incendio do concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Ribadetea, que finalmente afectou unha superficie de 750 hectáreas, das cales 550 se corresponden con monte arborado e as 200 restantes de raso

07/04/2026 | 17:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta conmemora os Días europeos da Artesanía coa Asociación de Artesáns de Ourense

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta tarde os obradoiros de iniciación ao coiro e á cerámica impulsados por esta entidade co apoio da Xunta

07/04/2026 | 17:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Cabana de Bergantiños avalían a mellora da senda da marxe esquerda do río Anllóns e a súa inclusión no Camiño do litoral

Este tramo, que se enmarcaría na etapa entre Corme e Laxe da senda promovida polo Goberno galego, precisaría dunha actuación para a súa mellora funcional e estética

07/04/2026 | 16:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca a boa formación dos 38 alumnos de FP do Instituto Primeiro de Marzo de Baiona

A directora xeral de Formación Profesional salienta o importante papel do centro na cualificación da mocidade da contorna

07/04/2026 | 16:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta debate en Toledo sobre as políticas públicas de impulso e promoción do sector artesanal

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta tarde nunha nova reunión do Observatorio Nacional de Artesanía, coincidindo coa celebración dos Días Europeos da Artesanía