Actualidade
Buscador de novas
A Xunta convoca as prazas do Centro Galego de Tecnificación deportiva para a temporada 2026/27
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da convocatoria, dirixida a facilitarlles aos deportistas adestramentos orientados a mellorar a tecnificación e o rendemento
Medio Rural regula o uso de maquinaria no período de alto risco de incendio para continuar cos traballos con maior seguridade nas horas centrais do día
A Consellería publica hoxe no DOG unha orde que concreta e desenvolve a normativa autonómica e estatal actual, para o caso de que o IRDI sexa moi alto ou extremo
Rueda reúnese cos centros galegos de Venezuela para coñecer de primeira man a situación do país e trasladarlles a solidariedade do pobo galego
O presidente da Xunta mantivo esta tarde un encontro telemático cos presidentes destas entidades, no que fixo fincapé en que Galicia xa ten activados todos os mecanismos ao seu dispor tras os terremotos rexistrados esta semana e que se ampliarán en función das necesidades
López Campos reivindica a “fonda pegada” na traxectoria vital de Castelao da estadía na Estrada
Considera “de xustiza” recoñecer os importantes vencellos do intelectual galeguista co municipio, “onde hai 90 anos ofreceu un dos seus discursos a prol do Estatuto”
A Xunta anima á mocidade a implicarse na remuda xeracional das Casas e Centros Galegos para seguir fortalecendo a galeguidade no exterior
José González puxo en valor a traxectoria de máis de 40 anos da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, organizadora deste evento anual de referencia para a colectividade e que integra as principais entidades galegas do País Vasco
A Xunta promove espazos de conciliación para as familias nos grandes campionatos da World Surf League
A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, destacou a importancia de facilitar a compaxinación da vida persoal e laboral en todos os eidos sociais
A Xunta avanza cos GALP en liñas de traballo conxuntas para impulsar un turismo mariñeiro de excelencia e calidade
A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e a Axencia de Turismo de Galicia coordinan estratexias cos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro para diversificar a economía das comunidades costeiras
O Servizo de Gardacostas de Galicia incauta máis de 267 quilos de polbo e 561 cacharros na Ría de Arousa e na zona da Guarda a poucos días de que remate a veda
Os operativos realizados polas distintas unidades operativas na ría de Arousa e na de Vigo saldáronse co comiso de 120 nasas e máis de 6.100 metros de rede