Actualidade
Buscador de novas
A Xunta investirá case 400.000 euros nas obras de rehabilitación integral do CEIP San Miguel de Reinante, en Barreiros
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o proceso de contratación dos traballos está na última fase e a previsión é executalos nas vacacións de verán
A Xunta contribúe ao fomento do deporte na poboación escolar co apoio ás melloras levadas a cabo no pavillón do CEIP Fontes-Baíña de Baiona
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu á inauguración das obras de reparación do edificio, financiadas con apoio do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local para actuacións de carácter estratéxico
A Xunta promove encontros profesionais entre mocidade e empresas para fomentar a inserción laboral na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Lara Meneses pon en valor estas xornadas para establecer contactos laborais e para mellorar as oportunidades de emprego da xente nova
A Consellería do Medio Rural alleará 30 lotes de madeira por valor de 1 M€ nunha poxa pública na Coruña
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria da poxa que terá lugar o vindeiro 13 de maio na Delegación Territorial da Xunta
Gómez Caamaño avanza a posta en servizo a finais do verán do centro de saúde de Conxo, completamente renovado cun investimento da Xunta de 5,8 M€
O conselleiro subliña que os traballos acadan preto do 70 % de execución e que, tras o remate das obras no mes de xuño, comezará a instalación do mobiliario e do equipamento, no que a Xunta inviste 600.000 euros
A Xunta ofrece unha charla informativa sobre dermatose nodular contaxiosa na área de Ferrol
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe nesta xornada, que tivo lugar na Delegación da Xunta na cidade
A Xunta diagnostica 105 cancros de colo uterino grazas ao programa de detección precoz, o 75,7 % en fase inicial
Tamén foron detectadas preto de 3.000 lesións precancerosas
A Xunta licita as obras de 50 novas vivendas públicas en San Paio de Navia, en Vigo, que suporán un investimento autonómico de máis de 10,7 M€
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta licitación e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 11 de maio