Actualidade
Buscador de novas
A Xunta de Galicia destaca a Mostra de Camariñas como referente na confluencia de tradición e futuro do encaixe
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron hoxe á inauguración da 35ª edición deste evento de carácter internacional
A Xunta reforza a aposta polo emprendemento cunha nova convocatoria do bono nova oportunidade integrada na orde unificada para persoas autónomas
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou en Ares a unha das beneficiarias da anterior convocatoria, que deixou 55.000 euros de achegas no ámbito da delegación
Manuel Pardo subliña os máis de 150.000€ que a Xunta destina a 7 empresas na provincia de Ourense a través dos Bonos Talento Empresa
O delegado territorial explicou que esta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ten como obxectivo mellorar os coñecementos e competencias do seus cadros de persoal, co foco nos ámbitos dixital, industrial, de xestión, de servizos persoais e a clientes e de tecnoloxías limpas e eficientes no uso de recursos
A Xunta inicia en abril a fase de rúa do proxecto ‘Localízate’ con xincanas nas sete cidades para reforzar os vencellos da mocidade co comercio local
Tras o desenvolvemento da primeira etapa do programa na que 2.175 alumnos de ESO e FP Básica traballaron en propostas para o comercio de proximidade, as aulas mellor valoradas participarán agora nas probas urbanas
A Xunta financia con 40.000 euros a instalación dun ascensor no mercado municipal das Neves
A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local e beneficiou a 18 concellos da provincia de Pontevedra cun importe total de máis de 662.000 euros
A Xunta impulsa en Chantada unha formación integral pioneira centrada no traballo artesanal con fibras vexetais e na cestería contemporánea
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse esta mañá ao inicio do curso de perfeccionamento ‘Fibranzas. Laboratorio das fibras vexetais’, que se desenvolverá en San Cristovo de Mouricios ata marzo de 2027
A Xunta abre mañá o prazo de adhesión para os negocios que desexen adherirse á campaña dos bonos Activa Comercio deste 2026
O DOG publica hoxe a orde que regula este aspecto e que permite aos establecementos que desexen participar inscribirse unha única vez para todas as edicións que se convoquen durante o ano a prol da simplificación administrativa