Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.740 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

26/05/2026 | 12:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza mañá unha nova edición dos Bonos Activa Comercio dotada con 2,5 M€ e que incorpora como novidade un sorteo nas redes sociais

José González pon en valor que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da primeira convocatoria de 2026 desta medida, que prevé mobilizar 8,5 M€ en vendas en toda a Comunidade

26/05/2026 | 10:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a nova orde de rehabilitación de vivendas para reforzar o emprego de sectores estratéxicos en municipios do rural galego

José González salienta a convocatoria conxunta das consellerías de Emprego e Vivenda que, cun orzamento inicial de 1,5 M€, busca poñer a disposición de persoas contratadas en Galicia vivendas situadas en concellos de menos de 20.000 habitantes 

26/05/2026 | 09:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta publica unha segunda convocatoria 2026-2027 dos obradoiros duais para acadar un cento de proxectos e 2.000 persoas desempregadas beneficiadas

O DOG publica hoxe a segunda orde deste ano dirixida a concellos por 8,2 M€, coa que se prevén 16 accións de 9 meses de duración para máis de 320 persoas, tras resolverse a primeira con 82 achegas concedidas en beneficio dunhas 1.700 persoas 

25/05/2026 | 18:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a remuda xeracional na olería tradicional de Buño a través do seu programa ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron a última sesión do ‘Perfeccionamento en técnicas da olería tradicional de Buño’, impartido por Antonio Pereira O Rulo 

25/05/2026 | 17:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lévalle aos escolares de Cedeira o seu proxecto Artesanía na Escola de divulgación dos oficios tradicionais

O artesán Jorge Bellón, protagonista da unidade didáctica Eu son artesán de figuras de pan, achegouse esta mañá ata o CEIP Nicolás del Río para amosarlle ao alumnado o oficio de elaboración dos amuletos típicos de Santo André de Teixido

25/05/2026 | 14:41 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda anuncia a posta en marcha esta semana dunha nova edición dos bonos Activa Comercio dotada con 2,5 M€ e que incorpora como novidade un sorteo nas redes sociais

O Consello do Goberno galego analizou un informe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración sobre a primeira convocatoria de axudas deste ano, dotada con 2,5 M€ e que publicará mañá o Diario Oficial de Galicia