Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.656 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

12/06/2025 | 16:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As tres universidades públicas galegas ofertarán o vindeiro curso catro dobres graos e doce másteres novos dentro das máis de 17.100 prazas totais

Autorízanse as simultaneidades de grao en Enxeñaría Informática e en Ciencia e Enxeñaría de datos na UDC e en Enxeñaría Informática e en Intelixencia Artificial, en Enxeñaría Agraria e en Ciencias Ambientais e en Enxeñaría Agraria e en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos na UVigo

12/06/2025 | 15:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Martina Aneiros destaca os proxectos de ‘Aprendizaxe e Servizo’ da UDC como ferramenta de transformación educativa e social

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, participou esta mañá na clausura da xornada con motivo do décimo aniversario desta metodoloxía docente que combina aprendizaxe académica e a prestación dun servizo á comunidade

12/06/2025 | 13:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta publica as instrucións para o novo curso, que reforzan a autoridade do profesorado e inciden na convivencia escolar

En consonancia con estes obxectivos, apóstase pola neutralidade ideolóxica como base da pluralidade e na promoción do pensamento crítico entre o alumnado

12/06/2025 | 12:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
12/06/2025 | 10:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o papel activo dos centros de educación especial para favorecer a inclusión educativa da que Galicia é lider estatal

O conselleiro, acompañado pola delegada da Xunta, visita o Centro de Educación Especial CEE Terra de Ferrol, onde avanza medidas pioneiras para blindar un ensino adaptado aos nenos con necesidades específicas e aos intereses das súas familias

11/06/2025 | 21:07 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda salienta en Pontevedra a aposta da Xunta pola modernización das infraestruturas educativas como as do IES Valle-Inclán e o CEIP Froebel

As obras enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, unha iniciativa pioneira en España que, desde a súa posta en marcha en 2021, executou arredor de 2.700 actuacións e confía en chegar a un investimento superior aos 500 millóns de euros

11/06/2025 | 15:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez defende que se reduza o IVE das obras en centros educativos ao 10%

O conselleiro lamenta no Parlamento que o Goberno central non impulse un Plan estatal de mellora das infraestruturas educativas

11/06/2025 | 15:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta traballará coa Universidade de Santiago nunha mellora da proposta do mestrado de Matemáticas co obxectivo de volver ofertalo en 2026

O conselleiro de Educación destaca no Parlamento a disposición da Xunta a colaborar para reformular a titulación e incrementar o seu atractivo

11/06/2025 | 14:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta sinala a Feira da Ciencia de Ribadeo como unha oportunidade para amosar o gran labor dos centros de ensino

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, visita esta cita do calendario Galicia Educa que se celebra no Instituto IES Dionisio Gamallo

11/06/2025 | 14:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia un investimento de máis de 410.000€ para unha ambiciosa mellora do Colexio Plurilingüe San Clemente de César, en Caldas

Renovaranse a cuberta e parte das fiestras, aplicarase illamento térmico na fachada e instalaranse novas luminarias e falsos teitos, entre outras actuacións