Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana reivindica o momento clave que atravesa o naval galego, presente en Oslo nunha das maiores feiras mundiais do sector
Destaca que se trata dunha oportunidade única para explorar no mercado internacional novas oportunidades de negocio nun momento en que o naval galego rexistra a maior carga de traballo desde 2019
Lorenzana reúnese en Oslo con Seafood Legacy, que confirma que a finais de ano comezarán as obras da primeira planta de cría de salmón en Galicia
A planta xa conta con todos os permisos para ocupar en torno a 20.000 m² no porto de Burela, nunha nave na que prevé producir unhas 3.300 toneladas de salmón ao ano e na que se estima que creará ata un cento de postos de traballo directos e indirectos
A Xunta apoia a formación técnica do sector forestal para incentivar o uso da madeira como elemento construtivo
A actividade está financiada pola Administración autonómica a través da liña Xera-Savia, que facilitou a formación de máis dun milleiro de traballadores e traballadoras ao longo de 2024
Rueda reafirma o compromiso da Xunta co tecido empresarial galego na clausura da Asemblea Xeral da CEG
Destaca os puntos de encontro cos empresarios e os seus representantes para a mellora da economía galega
A Xunta destaca que o Plan director do sector TIC incrementará a competitividade e a innovación desta industria clave para a economía galega
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, asistiron a unha sesión de traballo co Clúster TIC
Lorenzana destaca que a política industrial da Xunta situará a Galicia á vangarda de Europa no sector da seguridade e a defensa
Aposta por unha política industrial avanzada que vai da man da empresa, da tecnoloxía e do talento que ten a Comunidade
Lorenzana viaxa a Noruega cunha delegación de empresas galegas para promocionar o sector naval no exterior
A conselleira visitará a feira Nor-Shipping 2025, un dos principais puntos de encontro da industria marítima mundial que se celebra estes días, onde contan con expositor propio Astilleros Armón, Ibercisa, Metalships, Progener-Grupo Emenasa e Aclunaga
Rueda salienta na feira Stonegal o papel estratéxico da pedra natural na economía galega e o compromiso da Xunta cunha minería sostible
“Galicia é pedra e auga. A pedra é algo que nos identifica e unha das fontes da nosa economía”, resaltou