Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural aumenta o seu orzamento nun 5% ata os case 743 M€ para converter o potencial do agro en máis emprego, renda, competitividade e calidade de vida
Gómez sinala que as prioridades pasan por mellorar a rendibilidade, a modernización e a sanidade do sector agrogandeiro; intensificar os esforzos na remuda xeracional; promover a innovación e conservar, previr e xerar riqueza no monte
Medio Rural traballa para reforzar a presenza dos produtos ecolóxicos galegos en Biocultura 2027
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria mantivo hoxe unha reunión cos responsables da iniciativa para acordar a participación galega nesta edición
María José Gómez amosa a súa preocupación porque o acordo europeo sobre a PAC deixe de lado a súa prioridade que é o financiamento
A conselleira do Medio Rural critica que o Goberno de España non estea centrado en loitar por un orzamento suficiente destas políticas que chegue ás persoas agricultoras e gandeiras nun momento delicado polos sobrecustos en alimentación e enerxía
Medio Rural avanza na reestruturacion parcelaria de San Fiz de Paz, en Outeiro de Rei, que permitirá mobilizar 1.120 hectáreas
A directora xeral de Desenvolvemento Rural fixo hoxe entrega ás 234 persoas propietarias dos terreos dos boletíns das bases deste proceso, que abrangue 1.749 parcelas
María José Gómez presenta o modelo galego de apoio ao sector agrario ante representantes da Comisión Nacional de Fomento Rural de Uruguai
A conselleira do Medio Rural mantivo un encontro centrado na viabilidade das explotacións familiares, o relevo xeracional, o cooperativismo e a valorización dos produtos locais de calidade diferenciada
Rueda anuncia 3,6 M€ para apoiar a 4.500 agricultores e gandeiros ante os sobrecustos dos fertilizantes e do gasóleo pola crise de oriente próximo
O Goberno autonómico aprobou hoxe a medida, xusto despois de que a semana pasada se aprobara o reparto nacional dos fondos europeos por comunidades
Medio Rural publica no DOG a declaración do Proxecto de Interese Autonómico da ampliación de Bodegas Martín Códax
A iniciativa conseguiu esta consideración pola influencia das actividades da empresa no sector vitivinícola, de especial relevancia para o rural galego, consolidándose como un modelo de desenvolvemento económico
Medio Rural promove o coñecemento dos alimentos galegos con calidade diferenciada a través da Credencial Gastro
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou en Vedra nesta iniciativa gastronómica, impulsada por profesionais da cociña e desenvolvida co apoio da Xunta de Galicia, a través do programa O Teu Xacobeo e da iniciativa Aquí Sabemos
María José Gómez pon en valor a importancia económica, social e ambiental do sector apícola na IX Feira do Mel de Baleira
A conselleira do Medio Rural salientou que a celebración permite comprobar a puxanza desta actividade na montaña lucense en particular e en Galicia en xeral e que contribúe, entre outras cousas, a promocionar a calidade do produto e a dinamizar a economía local
Medio Rural clausura o Galicia Wine Educator tras formar a quince expertos internacionais nos viños galegos
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou hoxe na entrega dos diplomas deste programa, que permitiu aos participantes coñecer sobre o terreo as cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas