Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reafirma o seu apoio ao sector vitivinícola e aos viños de Valdeorras na XXVII Feira de exaltación deste produto
A conselleira do Medio Rural subliñou que apoiar o viño é apoiar o rural, o emprego e o futuro, e salientou que os viños de Valdeorras levan tempo situándose entre os máis recoñecidos nos grandes certames, onde se valora o traballo ben feito e a calidade
A Xunta impulsa a Festa da Rosa en Mos coa actuación de Cali & El Dandee, incluída nos concertos do Xacobeo
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na presentación da nova edición desta festa na que se inclúe o concerto do dúo colombiano o vindeiro 5 de xuño
Medio rural desenvolverá un novo pasteiro en Rois cun investimento de máis de 200.000 euros para contribuír a manter xestionado o territorio
A conselleira María José Gómez visitou hoxe os terreos no monte da Rocha de Ermedelo, propiedade da comunidade de montes veciñais en man común de Albagueira, nos que se vai implantar nunha superficie de case 16 hectáreas
A Xunta mantén as medidas preventivas ante a Dermatose Nodular Contaxiosa para seguir protexendo a cabana bovina galega
A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG unha nova resolución pola que se prorrogan as actuacións desde o 1 ata o 30 de xuño, podendo ampliarse este prazo en función da evolución epidemiolóxica da doenza
Medio Rural apoia a innovación no sector primario a través do Centro Tecnolóxico da Carne
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou hoxe na presentación dos resultados provisionais das iniciativas de cinco grupos operativos, nas que se mobilizaron 745.000 euros
A UPA e a UIFO de Medio Rural colaboran nunha investigación que permitiu identificar tres persoas como presuntas autoras de varios lumes intencionados
As actuacións iniciáronse tras detectarse varios incendios forestais de orixe intencionada en distintos puntos da comarca de Terra de Celanova, con patróns similares de execución
Medio Rural promove traballos silvícolas preventivos en máis de 10 hectáreas de monte en Noia
A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, visitou hoxe estes terreos, nos que se levan a cabo rozas, podas e rareos destinados a mellorar a súa saúde e vitalidade, así como a súa resistencia a pragas e enfermidades
Medio Rural avanza nos trámites do polígono agroforestal de Barzamedelle, en Leiro, e destaca os traballos de roza realizados
A conselleira María José Gómez comprobou os resultados destas tarefas que xa se executaron en tres cuartas partes da súa superficie
Belén do Campo participa nun simulacro de incendio forestal con afección á poboación para avaliar a coordinación dos servizos de emerxencia
A delegada da Xunta lembrou que esta actividade lévase a cabo no distrito V por tratarse dunha zona de risco con incidencia de incendios e unha alta presencia de peregrinos e veraneantes na época de estival.
Medio Rural destina máis de 200.000 € a dous pasteiros en Laza e Vilariño de Conso cunha superficie de 28,73 hectáreas
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, comprobou hoxe os traballos realizados e destacou a súa contribución ao desenvolvemento rural, á conservación da biodiversidade e á prevención de incendios