Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.851 novas da C. de Política Social e Igualdade:

27/03/2026 | 12:33 | C. de Política Social e Igualdade

O Diario Oficial de Galicia publica a orde pola que os concellos teñen o prazo dun mes para adherirse ao incremento do financiamento da Xunta ao SAF

As administracións locais, encargadas de xestionar este servizo, xa poden solicitar formalmente este aumento, que terá efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro

27/03/2026 | 12:24 | Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste máis de 145.000 euros en melloras na escola infantil pública autonómica da Laracha

As obras inclúen a substitución de pavimentos, a mellora das carpinterías interiores e o pintado integral no interior do edificio, así como a instalación de chan radiante e a renovación dos aseos infantís  

26/03/2026 | 20:22 | C. de Política Social e Igualdade
26/03/2026 | 15:30 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García pon en valor o papel dos centros sociocomunitarios da Xunta na promoción do envellecemento activo e do benestar dos maiores

Destaca a aposta do Goberno galego polas actividades de envellecemento activo para axudar ás persoas maiores “a manter unha vida plena, activa e de calidade”

26/03/2026 | 11:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina preto de 251.000 euros aos centros e programas de inclusión social da Fundación da Santa Cruz de Vigo

Estes fondos garanten o funcionamento do albergue e do centro de acollida da entidade, e financian actuacións de formación

26/03/2026 | 11:18 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García aborda con Unicef as principais liñas estratéxicas da futura Lei de Infancia e Adolescencia

A conselleira pon en valor a estreita colaboración da Xunta e Unicef en materia de protección da infancia e da adolescencia, así como na prevención e loita contra a violencia de xénero

26/03/2026 | 09:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Política Social e Igualdade
25/03/2026 | 14:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta investirá máis de 8 M€ na reforma integral da residencia das Gándaras para a súa adaptación en materia de seguridade e accesibilidade

Fabiola García destaca que o Goberno galego leva investidos 40 M€ no que vai de lexislatura na mellora e acondicionamento da rede de residencias públicas de maiores

25/03/2026 | 11:59 | C. de Política Social e Igualdade

A nova Lei Galega de Acoso e Violencia Dixital protexerá ás vítimas de violencia de xénero

O obxectivo é facer fronte a un tipo de violencia cada vez máis presente debido á expansión do uso da internet e das redes sociais

24/03/2026 | 16:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta enxalza o papel das entidades sociais na loita contra a violencia de xénero no rural

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, felicitou a asociación Entre Mulleres polo seu labor de apoio, acompañamento e asesoramento