Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inviste máis de 2,8 M€ en equipamento electromédico con destino ao novo Edificio C do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela
A Xunta destinará un orzamento global de máis de 5,7 millóns de euros na compra de mobiliario, equipos clínicos e sistemas informáticos desta nova infraestrutura sanitaria
A Xunta licita por 6 M€ a compra de produtos intravasculares implantables para as áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde
Trátase da primeira compra centralizada deste tipo de material, coa que se agarda un aforro estimado de 202.000 euros por ano de vixencia do contrato
Gómez Caamaño subliña que a nova ambulancia medicalizada de Barbanza permitirá mellorar a atención sanitaria urxente a máis de 75.000 personas de cinco concellos
Indica que estará operativa as 24 horas cun equipo profesional formado por un médico, un enfermeiro e un técnico en emerxencias sanitarias
A Xunta amplía a Rede Galega de Vixilancia de Vectores con 31 concellos integrados para identificar os principais organismos transmisores de enfermidades
Ata o de agora a presenza do mosquito tigre foi detectada en 13 municipios galegos
A ambulancia medicalizada do 061 con base en Sanxenxo prestará asistencia sanitaria desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto
Durante o período vacacional, a poboación dos concellos da zona aumenta debido ao turismo, que provoca grandes fluxos de circulación polas estradas, que incrementan a sinistralidade viaria
A Xunta construirá un novo aparcamento de 1.500 prazas para o CHUS e propón ao concello de Santiago habilitar outro provisional de 500 prazas
A Administración autonómica traballa na delimitación do ámbito do PIA que permitirá reordenar a contorna do CHUS para ampliar as zonas de aparcamento e mellorar o sistema viario e de accesos, coa previsión de que a súa redacción estea finalizada a finais deste ano ou principios do 2027
A campaña de verán “Un alento de vida” da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue chega mañá ao concello de Arzúa
O municipio coruñés acadou no 2025 un dos índices de participación máis elevados de Galicia, obtendo unha taxa de 65 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano
Gómez Caamaño pon en valor a arte como ferramenta para a divulgación científica e sanitaria no marco da iniciativa VIH Ciencia Aberta, de sensibilización e desestigmatización sobre este virus
Salienta a importancia de conxugar investigación, sanidade, educación e cultura para sensibilizar á sociedade sobre os prexuízos existentes ao redor deste virus
O Servizo Galego de Saúde publica as melloras laborais e retributivas do persoal médico de urxencias hospitalarias
O departamento sanitario da Xunta incrementará en 5 euros o prezo da hora da xornada complementaria destes facultativos e retribuirá como módulo festivo a quenda de noite da xornada dos venres
O vindeiro 1 de xullo a Xunta porá en funcionamento a nova ambulancia medicalizada para O Barbanza
Coa súa posta en marcha, o Goberno galego dá cumprimento ao compromiso adquirido coa cidadanía